lunes, 15 de diciembre de 2008

A lúa chea máis grande e brillante



O venres 12 de decembro apareceu a Lúa coma se fose unha xigantesca lámpada cósmica. Os que decidiron darse un respiro e se asomaron á fiestra, viron a Lúa chea máis grande dos últimos 15 anos. A última vez que se tivo esta coincidencia foi en 1993 e non haberá outro fenómeno igual ata 2016.

A órbita do satélite en realidade é elíptica e iso provoca que en diferentes períodos se atope máis preto do noso planeta, como así foi o venres. Dita elipse ten un lado que está situado 50.000 km máis preto da Terra que o outro. En linguaxe astronómico, estes dous extremos denomínanse "apoxeo" (máis lonxe) e "perixeo" (máis preto).

O venres a Lúa volveuse chea a escasas 4 horas de alcanzar o seu perixeo, o cal fíxoa 14% máis grande e 30% máis brillante que as lúas cheas que vimos antes en 2008. Esta Lúa chamada "do perixeo" foi a máis brillante e máis alta do hemisferio norte no ano. Non se tratou dunha ilusión.





Dende esta fin de semana pasada hai outra cita astronómica: a choiva de estrelas das Xemínidas, que estará activa ata o 17 de decembro. Por efecto da Lúa, espérase que se vexan uns 5 meteoros por hora.

1 comentario:

CEIPARUA dijo...

Grazas Ana por axudarnos a coñecer estas cousas tan interesantes da Lúa, e das demais grandezas do Universo.