miércoles, 30 de septiembre de 2009

Sobre os VII Encontros de Educación Infantil


Os Encontros de Educación Infantil son sempre reconfortantes.

É un lugar para atopar a eses compañeiros/as que aprecias e que só ves nestas ocasións.
É un lugar para emocionarse ante a ilusión de centos de docentes por ser cada vez máis competentes.
É un lugar para compartir ideas e moitas, moitas preguntas.
É un lugar para aprender e para ser consciente do moito que che queda por saber!!

Con algo de cansazo, deixámosvos aquí unha migalliña do moito que nos ensinaron para que en futuras ocasións compartades connosco esta gratificante experiencia. :-)


Conferencia de Myriam Nemirovsky,
"Ler e escribir na escola, intentémolo!"

Da redonda conferencia de Myriam Nemirovsky destacariamos a necesidade de que o mestre/a se converta nun modelo lector para os seus alumnos/as.
  • Compartamos cos nenos e nenas as nosas afeccións lectoras. Comentemos os libros que estamos lendo.
  • Levémoslles a clase as novelas que lemos, os libros, as revistas que consultamos, estudamos, a columna do xornal que soemos ler...
  • Leámoslles en voz alta textos que valoremos fondamente, tamén ós máis maiores.
  • Falémoslles dos nosos autores/as preferidos.
  • Comentémoslles as dúbidas que nos suscitan as lecturas, compartámolas con eles/elas.
Se amosamos a nosa paixón pola lectura, os cativos/as devecerán por achegarse aos libros e compartila connosco!!


Amosémoslles a nosa paixón pola lectura!


Obradoiro de Angélica Lucas Sátiro,
"As competencias de pensar ben (e pasalo ben!)"

Angélica Sátiro falounos das habilidades de pensamento, de como ensinar ós nenos e nenas a pensar cada vez mellor, tanto individual como grupalmente, deixando que a palabra do compañeiro/a lles penetre, que consigan pensar co outro.




Podedes ollar o seu proxecto educativo, neste enderezo:
Proxecto Noria


Experiencia de aula de Vanessa Quintian Agrafojo e Vanessa Arca Magariños,
"Xogamos coas emocións?",
( 2º premio innovación educativa 2008)

É un proxecto realizado con nenos e nenas de 3 e 4 anos onde se traballan, como din as súas autoras, "o emocionante mundo das emocións destes pequenos/as a través de contos e obras de arte"

Podedes descargar o proxecto clikeando na imaxe. Leva un pouco de tempo facelo pero paga a pena.




Obradoiro de Abraham Dguez. Cuña e José L. Fariña García,
"Competics"

Enlaces de interese que nos recomendaron:
redetic
didácticatic, autoformación en TIC
educ@contic
ticne, solucións tic para alumnado con NEE
pequesreboreda, Proxecto rural Wins, competencia dixital na escola rural