miércoles, 28 de enero de 2009

STELLARIUM, UN PROGRAMA PARA CALCETAR UN COBERTOR DE ESTRELAS

Stellarium é un programa gratuíto e de código aberto.

Image1

Moi doado de instalar e cun manexo accesible a tódalas idades.

Image2

Dispón dun Wiki onde os usuarios/as van colaborando co programa.

Image3

Con distintas opcións de visualización para comprender mellor as constelacións.

Image5

E con información detallada de cada obxecto.

Características da última versión:

Versión 0.8.2

ceo
  • máis de 120,000 estrelas do catálogo Hipparcos con información adicional
  • asterismos e ilustracións das constelacións
  • imaxes de nébulas
  • Vía Láctea realista
  • atmosfera realista, saída e posta do sol
  • os planetas e os seus satélites
interface
  • un zoom poderoso
  • control do tempo
  • interface multilingüe
  • scripts para gravar e reproducir o teu propio show
  • protección tipo fisheye de 180° para domos planetarios
  • proxección esférica reflectida para o teu propio domo
  • interface gráfica e extensivo control de teclado
  • control de telescopio
visualización
  • retículas ecuatorial e acimutal
  • estrelas rutilantes
  • estrelas fugaces
  • simulación de eclipses
  • paisaxes que podes personalizar, agora con proxección panorámica esférica
personalización
  • achega os teus propios obxectos do espazo profundo, paisaxes, constelacións, imaxes, scripts...


Actualización:

10 interesantes recursos, animacións e sitios interactivos.

Night Sky Delight: 10 Awesome Animated and Interactive Astronomy Websites
FONTE: http://biblioweb.blogspot.com/2009/01/stellarium.html
"Unicamente podemos ver o 4% da totalidade do Universo, que permanece invisible, coma unha pantasma, feito de materia transparente e embebido nunha enerxía misteriosa"
2009, o ano da Astronomía.

AddThis Social Bookmark Button

4 comentarios:

Chus dijo...

Paréceme interesante, pero eu, para facerme coa terminoloxía, manexo, situación "interestelar"..., precisaría dous cursos sabáticos (polo menos)
Non sei se os pida. O caso é que a administración estea disposta a concedermos.
Noraboa pola túa formación "espacioluaticainterestelar" ou como se diga.
Un bico

Xosé dijo...

Eu apúntome a un curso co Stellarium... xa nos ensinarás :-)

Xose

Chus dijo...

Cobertor de estrelas, xa fai días que non nos obsequias con novas e interesantes entradas. Estamos esperando con ansiedade unha nova.
Bicos

Ana dijo...

Estou moi liada, pero voltarei en breve. Iso espero!!!
Bicos