domingo, 4 de enero de 2009

A propósito de "Como unha novela"

Non podo deixar de contar unha anécdota que me sucedeu, non fai tanto tempo, e que ilustra toda a filosofía de fondo do ensaio Como unha novela.
Creo que foi un dos momentos máis intensos da miña experiencia docente ata o día de hoxe e que nunca esquecerei.

Situémonos. Aula de Plástica. Un grupo de alumnos/as de 6º, ós que lles impartín clase en Educación Infantil, faime unha petición:

-Ana, recordas cando de pequenos nos lías o conto
A bruxa Xertrudis?

-
Claro, como non o vou lembrar!!

-Poderías traelo o vindeiro día e volvérnolo contar?

-Si. Traereino o vindeiro día que teñamos clase de Plástica.


Cando comecei a lectura, quedei abraiada, todos e todas, sen excepción, dispostos arredor de min, pecharon os ollos mentres lía. Emocioneime!!
Cando rematei, unha nova petición:

-Agora, métenos dentro do conto, como facías en Infantil!

E así estivemos un bo rato no que volveron un día máis a se-los protagonistas dun conto "infantil".

Doulles as grazas a todos eles/elas por este regalo que gardarei na miña colección de momentos.


1 comentario:

catalina dijo...

Y doy fe de que esos alumnos también lo recuerdan con emoción. Ya sabes, contribuiste a que siempre conserven el recurso de volver a ser niños con ese recuerdo... gracias.
Catalina.