sábado, 24 de enero de 2009

O CEIP A Rúa, pola paz

17/01/2009


Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.

O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.

Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.

Estes días falamos de moitas cousas:

-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.

- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.

-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.

Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.

Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.


Facendo sacapenas con pasta de madeira.



A profe Rosana tróuxonos uns sacapenas de verdade para que puideramos ollalos.


No hay comentarios: