lunes, 13 de abril de 2009

A WALK ON IRELAND

Un paseo por Irlanda, un breve paseo.
Como cando descubrín a bella Toscana, botei en falta os óleos, o lenzo en branco para inmortalizar unha paisaxe fermosa, plácida, serena... que marca unha impronta no carácter do pobo que o habita.
Amantes da familia, afables, cun grande sentido do humor, sinxelos, fortes de corpo e espírito...os/as irlandeses/as superaron ó longo da historia duras batallas e son un claro exemplo de tenacidade e optimismo.

Aínda que botei en falta os manxares da nosa terra, creo que de cando en vez deberiamos ollar cara ó norte, onde o ceo é case sempre gris, é lembrar que para ser felices só é necesario o imprescindible.




From fotos Irlanda abril 09





Visualizar o mapa ampliado

miércoles, 1 de abril de 2009

2009, ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

Co Ano Internacional da Astronomía (AIA 2009) celebramos o primeiro uso astronómico do telescopio por Galileo.
Dende entón, mergullámonos en 400 anos de descubrimentos astronómicos.

Esta revolución científica cambiou a nosa forma de ver o mundo.
Actualmente telescopios dende o espazo e dende a terra exploran o universo 24 horas por día.



O xoves comezan as 100 horas de astronomía.
Hai programadas 1500 actividades en 130 países.


Para máis información, preme na imaxe.



ASTRONOMÍA PARA NENOS/AS

Aquí tendes unha serie de enlaces con actividades, xogos e información para os máis pequenos/as.

Axencia Espacial Europea . ESA-Kids

NASA. Space Place

Planetario Kokone

EducaMadrid

Sistema solar básico

Pregúntalle a un astrónomo



Veña, a gozar do infinito e máis aló!!!

miércoles, 28 de enero de 2009

STELLARIUM, UN PROGRAMA PARA CALCETAR UN COBERTOR DE ESTRELAS

Stellarium é un programa gratuíto e de código aberto.

Image1

Moi doado de instalar e cun manexo accesible a tódalas idades.

Image2

Dispón dun Wiki onde os usuarios/as van colaborando co programa.

Image3

Con distintas opcións de visualización para comprender mellor as constelacións.

Image5

E con información detallada de cada obxecto.

Características da última versión:

Versión 0.8.2

ceo
  • máis de 120,000 estrelas do catálogo Hipparcos con información adicional
  • asterismos e ilustracións das constelacións
  • imaxes de nébulas
  • Vía Láctea realista
  • atmosfera realista, saída e posta do sol
  • os planetas e os seus satélites
interface
  • un zoom poderoso
  • control do tempo
  • interface multilingüe
  • scripts para gravar e reproducir o teu propio show
  • protección tipo fisheye de 180° para domos planetarios
  • proxección esférica reflectida para o teu propio domo
  • interface gráfica e extensivo control de teclado
  • control de telescopio
visualización
  • retículas ecuatorial e acimutal
  • estrelas rutilantes
  • estrelas fugaces
  • simulación de eclipses
  • paisaxes que podes personalizar, agora con proxección panorámica esférica
personalización
  • achega os teus propios obxectos do espazo profundo, paisaxes, constelacións, imaxes, scripts...


Actualización:

10 interesantes recursos, animacións e sitios interactivos.

Night Sky Delight: 10 Awesome Animated and Interactive Astronomy Websites
FONTE: http://biblioweb.blogspot.com/2009/01/stellarium.html
"Unicamente podemos ver o 4% da totalidade do Universo, que permanece invisible, coma unha pantasma, feito de materia transparente e embebido nunha enerxía misteriosa"
2009, o ano da Astronomía.

AddThis Social Bookmark Button

sábado, 24 de enero de 2009

O CEIP A Rúa, pola paz

17/01/2009


Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.

O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.

Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.

Estes días falamos de moitas cousas:

-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.

- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.

-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.

Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.

Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.


Facendo sacapenas con pasta de madeira.



A profe Rosana tróuxonos uns sacapenas de verdade para que puideramos ollalos.


Binta e a grande idea


Quero compartir este bonito regalo que hoxe chegou ás miñas mans.

martes, 20 de enero de 2009

domingo, 18 de enero de 2009

Sen palabras...



Preme na fotografía para contemplar a galería de imaxes