Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de enero de 2009

STELLARIUM, UN PROGRAMA PARA CALCETAR UN COBERTOR DE ESTRELAS

Stellarium é un programa gratuíto e de código aberto.

Image1

Moi doado de instalar e cun manexo accesible a tódalas idades.

Image2

Dispón dun Wiki onde os usuarios/as van colaborando co programa.

Image3

Con distintas opcións de visualización para comprender mellor as constelacións.

Image5

E con información detallada de cada obxecto.

Características da última versión:

Versión 0.8.2

ceo
  • máis de 120,000 estrelas do catálogo Hipparcos con información adicional
  • asterismos e ilustracións das constelacións
  • imaxes de nébulas
  • Vía Láctea realista
  • atmosfera realista, saída e posta do sol
  • os planetas e os seus satélites
interface
  • un zoom poderoso
  • control do tempo
  • interface multilingüe
  • scripts para gravar e reproducir o teu propio show
  • protección tipo fisheye de 180° para domos planetarios
  • proxección esférica reflectida para o teu propio domo
  • interface gráfica e extensivo control de teclado
  • control de telescopio
visualización
  • retículas ecuatorial e acimutal
  • estrelas rutilantes
  • estrelas fugaces
  • simulación de eclipses
  • paisaxes que podes personalizar, agora con proxección panorámica esférica
personalización
  • achega os teus propios obxectos do espazo profundo, paisaxes, constelacións, imaxes, scripts...


Actualización:

10 interesantes recursos, animacións e sitios interactivos.

Night Sky Delight: 10 Awesome Animated and Interactive Astronomy Websites
FONTE: http://biblioweb.blogspot.com/2009/01/stellarium.html
"Unicamente podemos ver o 4% da totalidade do Universo, que permanece invisible, coma unha pantasma, feito de materia transparente e embebido nunha enerxía misteriosa"
2009, o ano da Astronomía.

AddThis Social Bookmark Button

lunes, 15 de diciembre de 2008

A lúa chea máis grande e brillante



O venres 12 de decembro apareceu a Lúa coma se fose unha xigantesca lámpada cósmica. Os que decidiron darse un respiro e se asomaron á fiestra, viron a Lúa chea máis grande dos últimos 15 anos. A última vez que se tivo esta coincidencia foi en 1993 e non haberá outro fenómeno igual ata 2016.

A órbita do satélite en realidade é elíptica e iso provoca que en diferentes períodos se atope máis preto do noso planeta, como así foi o venres. Dita elipse ten un lado que está situado 50.000 km máis preto da Terra que o outro. En linguaxe astronómico, estes dous extremos denomínanse "apoxeo" (máis lonxe) e "perixeo" (máis preto).

O venres a Lúa volveuse chea a escasas 4 horas de alcanzar o seu perixeo, o cal fíxoa 14% máis grande e 30% máis brillante que as lúas cheas que vimos antes en 2008. Esta Lúa chamada "do perixeo" foi a máis brillante e máis alta do hemisferio norte no ano. Non se tratou dunha ilusión.





Dende esta fin de semana pasada hai outra cita astronómica: a choiva de estrelas das Xemínidas, que estará activa ata o 17 de decembro. Por efecto da Lúa, espérase que se vexan uns 5 meteoros por hora.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Animación eclipse de Venus




Durante os primeiros días do mes de decembro Venus, Xúpiter e tamén a Lúa estarán aparentemente moi próximos no ceo Suroeste pouco despois do solpor. Xúpiter brilla máis que as estrelas máis brillantes e é o planeta máis grande do Sistema Solar cun volume unhas 1000 veces maior que a Terra. Con todo, Venus brilla moito máis que Xúpiter debido a que está moito máis próximo á Terra. O día 1 de decembro de 2008 Venus estivo oculto pola Lúa (foi como un eclipse de Venus) ata aproximadamente as 18:20 (hora española peninsular). Esta hora depende e varía coa localización.

martes, 2 de diciembre de 2008

Conxunción Venus-Xúpiter-Lúa




O día 1 de decembro de 2008, Venus, Xúpiter e a lúa ofrecéronnos no solpor unha estampa única, parecía que á lúa lle penduraban dous diamantes.